Amigos do Club

xoves, 3 de decembro de 2015

I Xornada FGDA Día Internacional das persoas con discapacidade

O pasado mércores día 2 de decembro a Federación Galega de Deporte Adaptado celebrou a I Xornada do Día Internacional das persoas con discapadicade.


A xornada tivo lugar en Vigo, nas instalacións do IMD Travesas, en horario de 10:00h a 14:00h.

sábado, 28 de novembro de 2015

Cea de Campionas de Liga 2015

A pasada noite celebramos a consecución da LIGA 2015 de baloncesto da FGDA na categorgía de competción.


O adestrador David Parada invitou a toda a plantilla feminina e ao equipo técnico da Sección de Baloncesto a unha cea para celebrar, no seu caso particular, o terceiro título de liga que consigue.

martes, 24 de novembro de 2015

Campo a través de Tui. A Macoca. Pazos de Reis.

O pasado sábado día 21 disputouse na entidade local menor de Pazos de Reis o Campo a través de Tui.


A Agrupación Deportiva do Baixo Miño, tivo a deferencia de invitar ao Club San Xerome a participar dentro da categoría cadete aos nosos atletas.

martes, 17 de novembro de 2015

Adestramentos Sección de Atletismo

Ao longo destes meses os adestramentos do Club se orientan a preparar as competicións que se irán desenvolvendo ao longo do vindeiro ano 2016.


Na pretempada procuramos ir preparando aos deportistas sobretodo a nivel técnico, revisando mecánicas de funcionamento motor, manexo de coordinación psicomotriz, colocación ergonómica, etc.

sábado, 14 de novembro de 2015

RC Celta de Vigo Baloncesto - Avilés Baloncesto, Liga EBA Prata

Hoxe celebramos o Campionato de Liga FGDA 2015, acudindo a un partido de Baloncesto do RC Celta Bosco.

As dúas seccións de baloncesto, masculina e feminina, xunto cos adestradores, estiveron nas instalacións deportivas de Navia.

mércores, 11 de novembro de 2015

Padel. Nova disciplina deportiva.

O pasado venres día 6 iniciamos unha nova disciplina dentro do Club Deportivo, a práctica do Pádel.


Coa colaboración de "2x2 Pádel", que nos cedeu as instalacións, os rapaces fixeron unha proba para que a partir da súa experiencia e opinións, valoremos a posibilidade de incorporar esta nova disciplina na práctica regular do Club.

mércores, 21 de outubro de 2015

San Xerome Campión de Liga de Baloncesto 2015 da FEGADA

O Club San Xerome Emiliani proclamouse hoxe Campión da Liga de Baloncesto 2005 da FEGADA na categoría de Competición feminina.

Este mércores día 21 disputouse no Pavillón Municipal do Porriño a terceira e definitiva xornada da Liga de Baloncesto da FEGADA (Federación Galega de Deporte Adaptado).

luns, 19 de outubro de 2015

Adestramentos fin de tempada 2015

A tempada 2015 de competicións FEGADA chega a súa fin.
 

As competicións organizadas pola Federación Galega de Deporte Adaptado, se circunscriben ao ano natural,  a diferencias doutras federacións que comezan en setembro-outubro e rematan en xuño.

sábado, 3 de outubro de 2015

Adestramentos Sección de Baloncesto

O pasado venres día 2 retomamos os adestramentos oficiais do Club Deportivo San Xerome Emiliani.

Tralo parón do verán comezamos a pasada semana co Remo, e este venres iniciamos o baloncesto. A vindeira semana co grupo ao completo se incorporarán a sección de Atletismo.

xoves, 17 de setembro de 2015

Os remeiros de Robaleira-San Xerome. Os primeiros en volver ao traballo.

O equipo de remeiros do Club San Xerome foron os primeiros en regresar aos adestramentos.



Aínda que ata o mes de outubro non faremos a volta oficial e xeral aos adestramentos, baloncesto e atletismo, os remeiros de Robaleira-San Xerome comezaron a semana pasada os primeiros adestramentos tralo período estival.

luns, 15 de xuño de 2015

Campionato de Portugal de remo Indoor ANDDI. Vilanova de Gaia, 2015

O pasado venres día 12, celebrouse en Vilanova de Gaia  o “Campeonato de Portugal e Campeonatos Nacionais por Escaloes de Remo Indor ANDDI. Open Internacional. 2015.”



Como xa comentamos noutra entrada do Blog, a ANDDI (Associação Nacional de Desporto para a Deficiência Intelectual de Portugal), tivo a deferencia de invitarnos ao seu Campionato Nacional. E dende aquí queremos non só agradecerlle esa invitación, se non felicitalos pola gran organización e profesionalidade que amosaron en todo momento durante o Campionato.


mércores, 10 de xuño de 2015

Xornada de Pirauga. Fin da tempada deportiva (1º parte do ano)

O pasado martes día 9 fixemos unha actividade de festa para celebrar a fin da primeira parte do ano en deporte. 

Coa inestimable organización e colaboración de Amalio e Alberto, (Mestre de Educación Física no IES A Sangriña e voluntario no Colexio San Xerome), e a través da empresa Tamuxe Kayak, realizamos unha actividade de navegación en pirauga polo río tamuxe na súa desembocadura no río Miño.

xoves, 4 de xuño de 2015

Xornada de Convivencia de Remo, ACEESCA, As Excravas e San Xerome

Este xoves día 4 celebramos unha xornada de convivencia cos Centros de ACEESCA (O Porriño) e As Excravas (Vigo).


Neste encontro fixemos unha actividade de promoción da práctica de Remo Ergómetro, nas instalacións do Club de Remo Robaleira onde adestramos todas as semanas. 


luns, 1 de xuño de 2015

Campionato de España de Atletismo ao Aire libre. Santander, 2015.

A pasada semana, do 28 ao 31 de maio, dispotouse nas instalacións do Complexo deportivo La Albericia. Santander (Cantabria) o Campionato de España de Atletismo da FEDDI.


O Club San Xerome, na súa Sección de Atletismo, participou cun total de seis atletas, un en categoría junior e cinco na categoría Absoluta.

domingo, 31 de maio de 2015

VII Carreira Popular de Amorín. Carreira pola Integración. Amorín, 2015

Hoxe domingo día 31 tivemos o enorme pracer de participar na VII Carreira Popular de Amorín.


Esta competición ten, entre outros, a finalidade de recadar fondos para o proxecto que "Gotas de Níguer" en colaboración con UNICEF.

venres, 29 de maio de 2015

Campionato Galego de Atletismo. Vilagarcía de Arousa, 2015

Este pasado mércores día 27 disputouse nas Instalacións de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa o Campionato Galego de Atletismo. 


O Club San Xerome Emiliani presentábase cun equipo de doce atletas, unha ampla participación que cubría boa parte das categorías e disciplinas individuais, e con dous equipos de relevos 4x100, masculino e feminino.

xoves, 28 de maio de 2015

Robaleira, 25 anos de historia e un reto pendente

Na edición de hoxe, xoves 28 de maio, do suplemento de La Voz de Galicia, sae unha nova sobre as dificultades que temos para competir a nivel nacional español no remo Ergómetro.


O Club de Remo Robaleira - San Xerome, levamos un tempo demandando a Federación Española de Remo que nos permita competir a nivel nacional, sen embargo, sen dar unha razón non acceden a que os nosos remeiros compitan, como si poden facer a nivel autonómico ou internacional.

sábado, 23 de maio de 2015

Adestramento Atletismo. Xabalina e relevos.

A vindeira semana afrontamos dúas das competicións máis importantes do ano o Campionato de España de Atletismo en Aire libre en Santander, e o Campionato galego da mesma disciplina que se vai celebrar en Vilagarcía.
O caprichoso calendario fai que o Campionato Galego se dispute o mércores 27, e que ao día seguinte saiamos a Santander a disputar o Campionato de España, o venres 29 e sábado 30.

mércores, 20 de maio de 2015

VII Carreira pola integración de Amorín

A Asociación de Veciños de Amorín invítannos a participar na VII Carreira pola Integración. 
O Club San Xerome participará cunha exposición de carteis e camisetas que amosarán un anaquiño de historia do Club, e temos atletas e incluso un equipo de baloncesto.

luns, 18 de maio de 2015

EDP Media Maratón do Douro Vinhateiro. Vila-Real. Portugal, 2015

O domingo 17 de maio de 2015, na Barragem de Bagaúste na Régua, en Vila-Real (Portugal), disputáronse as probas de Media Maratón (21km), Mini Maratón (6km), Media Maratón en Cadeira de Rodas (21km) e o Campionato do Mundo INAS.
A décima edición do EDP Media Maratón do Douro Vinhateiro estivo organizada por GlobalSport, a través da Running Wonders, e reuniu a máis de 12.000 atletas de case trinta países do mundo. Dous deses valentes foron Borja Cadilla e Roberto Martínez, membros do Club Atletimo Trega-San Xerome, que competiron na categoría V35.

venres, 15 de maio de 2015

Autismo. Competir con Uno mismo

A continuación vos presentamos un pequeno documento audiovisual onde rapaces con TEA e familias fan unha reflexión e nos amosan como vivencian a práctica deportiva. 

De como o deporte lles axuda a regular a súa dinámica vital, lles motiva no traballo diario e resulta un elemento socializador e inclusivo.

mércores, 6 de maio de 2015

Segunda xornada da Liga de Baloncesto FEGADA 2015

Este mércores 6 celebrouse a segunda xornada da Liga de Baloncesto FEGADA.
O Club San Xerome participou na categoría de Competición cos equipos masculino e feminino.

mércores, 15 de abril de 2015

Campionato Galego de Natación, A Cañiza 2015

Este mércores día 15 disputouse en A Cañiza o Campionato Galego de Natación. O Club San Xerome na súa Sección de Natación tivo unha participación pequena pero moi voluntariosa.
Ademais tivemos novas incorporacións que amosaron unha moi boa participación, e auguran un futuro moi ilusionante nesta disciplina.

Maratón de París, 2015. Crónica dun Campión.

Armando Verde disputou o pasado domingo 12 a Maratón de París con dous obxectivos moi importantes; por unha banda colaborar coa Plataforma galega de afectados da Hepatite C, e por outra, rematar a proba para adica-la todos aqueles que loitan pola visualización desta campaña. 
Ademáis estamos ante unha historia de superación, xa que Armando partía con problemas físicos que fixeron perigar a súa participación

domingo, 12 de abril de 2015

Carreira Popular San Telmo. Tui 2015

Este domingo, nunha mañá moi soleada que cunha voa temperatura para correr, disputouse en Tui a Carreira popular San Telmo 2015.
O Club San Xerome tamén quixo tela súa participación con tres representantes. Roberto Martínez Trigo, adestrador do Clube San Xerome e atleta da Sociedade Atlética do Trega que acadou a sexta praza na súa categoría.

Campionato Nacional Portugués de Remo Ergómetro. Viana do Castelo 2015

Este sábado 11 de abril disputouse o Campionato Nacional portugués de remo ergómetro. O Clube Viana Remadores do Lima, organizador do evento tivo a deferencia de invitar o Club San Xerome-Robaleira a particiapar nel.
Polo San Xerome acudiron nove remeiros, con moi bos resultados na competición, destacando as actuación en homes de Jaime Álvarez Pereira (2º posto) e Fabio Martínez Otero (3º posto), e en mulleres, María Fernanda García Orduna (3º posto). 

venres, 27 de marzo de 2015

Armando Verde no Maratón de París 2015

Facémonos eco da petición de Armando, atleta e colaborador voluntario da Sección de Atletismo do Club, e deportista da Sociedade Atlética do Trega. 
O vindeiro día 12 de Abril Armando vai disputar a Maratón de París 2015 como membro activo da plataforma galega de afectados pola hepatite C.

mércores, 25 de marzo de 2015

Primeira xornada da Liga de Baloncesto FEGADA 2015

Este mércores día 25 deu comezo a Liga FEGADA 2015 de Baloncesto.

Esta primeira xornada disputouse no Pavillón Municipal do Porriño. O Club San Xerome participou cos equipos masculino e femenino.

martes, 17 de marzo de 2015

Interrunning 2015. Concello do Porriño

O pasado domingo día 15 disputouse no circuito urbano do Concello do Porriño a novena edición do Interrunning. A proba dispouse nun circuito ao que se deu dúas voltas completando un percorrido de 10.000 metros. 
Polo Club Polideportivo San Xerónimo-Sociedade Atlética do Trega participaron Roberto, adestrador do Club e Borja Cadilla Lomba, éste último acadou unha marca de 44 min 39 seg.

sábado, 14 de marzo de 2015

VIII Gala do Deporte. A Guarda, 2015.

Este venres día 13 tivo lugar a VIII edición da Gala do Deporte gardesa, onde se pon en valor os méritos deportivos acadados no pasado ano 2014 dos numerosos Clubes e deportistas que representan A Guarda nas distintas competicións das que son partícipes.


Por parte do CP San Xerónimo Emilinani, foi galardonado Fabio Martínez Otero, que a pasado ano 2014, acadou tres medallas de bronce nos lanzamentos de peso, xabalina e disco, no Campionato de España de Atletismo disputado en Murcia.

venres, 13 de marzo de 2015

Open Campeonato Nacional de Remo Indoor. Viana do Castelo (Portugal), 2015

O pasado venres 6 de marzo, os remeiros de CR Robaleira-San Xerome, disfrutaron dunha xornada de convivencia con compañeiros do Clube de Remo Viana Remadores do Lima (Viana do Castelo).

O Clube Viana Remadores do Lima, tiveron a deferencia de invitarnos a participar no vindeiro Campionato Nacional de Portugal de Remo Indoor, que se vai disputar o vindeiro sábado día 11 de marzo nas instalacións do Pavillón Municipal de Monserrate de Viana do Castelo.

venres, 6 de marzo de 2015

Campionato Galego de Campo a través. Vigo, 2015

Este pasado mércores día 4 de marzo celebrouse o  Campionato Galego de Campo a través, no circuito habilitado no Parque de Castrelos. Este Campionato estivo organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FEGADA), na súa sección de discapacitados intelectuais.
Despois de moitos días de chuvia, espertamos cun día de sol brilante o que facilitou o desenvolvemento da proba. Déronse cita máis de 200 participantes, o Club P. San Xerónimo Emiliani, competiu cun total de 9 atletas, con moi bos resultados.

domingo, 22 de febreiro de 2015

Campionato galego de Campo a través. Vigo 2015


O vindeiro mércores 4 de marzo celebrarase en Castrelos (Vigo) o Campionato galego de Campo a través. 


(Clica na foto para vela máis grande)
Esta competición será a primeira que organice a recén creada Federación Galega de Deporte Adaptado (FEGADA), froito da fusión das federacións Galegas de deporte para discapacitados psíquicos e a de físicos. 

martes, 10 de febreiro de 2015

A Sección de Baloncesto en plena pretempada

Unha das Seccións máis populares do Club é a de Baloncesto. En plena pretempada, os dous equipos masculino e feminino comparten os adestramentos, aproveitando sempre que se pode o bo tempo para facelos ao aire libre.





sábado, 7 de febreiro de 2015

Adestramento preparatorio para o Campionato Galego de campo a través

Tralos bos resultados acadados en Zafra (Extremadura), no Campionato de España de Campo a través, xa estamos a preparar a vindeira competición, o Campionato Galego, que se vai a celebrar o 25 deste mes. Seguimos traballando, adestrando e coa mesma ilusión.

xoves, 5 de febreiro de 2015

Proxecto Remo Olímpico San Xerónimo Emiliani

O Club de Remo Robaleira realiza unha colaboración co Club San Xerónimo Emiliani dando a oportunidade a membros do club para adestrar e competir, cedendo as súas instalacións, o seu coñecemento, e transmitido o seu agarimo aos nosos rapaces nos momentos de esforzo e aprendizaxe.
Un exemplo de colaboración e inclusión, un Proxecto de Remo Olímpico Adaptado no que seguimos traballando de modo conxunto para que sexa unha realidade, non só a nivel galego sino tamén a nivel nacional.


luns, 2 de febreiro de 2015

Campionato de España de Campo a través. Zafra 2015

O pasado 31 de Xaneiro Celebrouse na localidade extremeña de Zafra (Badaxoz) o Campionato de España de Campo a Través da FEDDI. O Club Polideportivo San Xerónimo Emilini, participou na Categoría Junior con Órcar Moure Rodríguez, que acadou a terceira posición. Na Categoría Senior feminina a representante foi Maite Santos Fernández, que rematou   na 12ª posición. 
E finalmente, na categoría senior masculina o equipo conformado por Armando Verde Moreira, Borja Cadilla Lomba e Luis Antonio Sandez García, alcanzaron a terceira posición por equipos. 

Campionato Galego de Remo Ergómetro. A Malata, Ferrol.

O pasado domingo 25 de xaneiro celebrouse no Pavillón da Malata en Ferrol o Campionato Galego de Remo Ergómetro. En categoría de discapacitados psíquicos participaron os remeiros de San Xerome, Jaime Álvarez, que acadou o primeiro posto da competición en 1000 metros acompañado no pódium por Domingos Albadalejo e Fabio Martínez, tamén de San Xerome. Completou a participación masculina do Club Borja Cadilla e Fabián Santos.

Pola súa banda María Fernanda García, a única participante feminina resultou Campiona Galega.