Amigos do Club

domingo, 31 de maio de 2015

VII Carreira Popular de Amorín. Carreira pola Integración. Amorín, 2015

Hoxe domingo día 31 tivemos o enorme pracer de participar na VII Carreira Popular de Amorín.


Esta competición ten, entre outros, a finalidade de recadar fondos para o proxecto que "Gotas de Níguer" en colaboración con UNICEF.

venres, 29 de maio de 2015

Campionato Galego de Atletismo. Vilagarcía de Arousa, 2015

Este pasado mércores día 27 disputouse nas Instalacións de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa o Campionato Galego de Atletismo. 


O Club San Xerome Emiliani presentábase cun equipo de doce atletas, unha ampla participación que cubría boa parte das categorías e disciplinas individuais, e con dous equipos de relevos 4x100, masculino e feminino.

xoves, 28 de maio de 2015

Robaleira, 25 anos de historia e un reto pendente

Na edición de hoxe, xoves 28 de maio, do suplemento de La Voz de Galicia, sae unha nova sobre as dificultades que temos para competir a nivel nacional español no remo Ergómetro.


O Club de Remo Robaleira - San Xerome, levamos un tempo demandando a Federación Española de Remo que nos permita competir a nivel nacional, sen embargo, sen dar unha razón non acceden a que os nosos remeiros compitan, como si poden facer a nivel autonómico ou internacional.

sábado, 23 de maio de 2015

Adestramento Atletismo. Xabalina e relevos.

A vindeira semana afrontamos dúas das competicións máis importantes do ano o Campionato de España de Atletismo en Aire libre en Santander, e o Campionato galego da mesma disciplina que se vai celebrar en Vilagarcía.
O caprichoso calendario fai que o Campionato Galego se dispute o mércores 27, e que ao día seguinte saiamos a Santander a disputar o Campionato de España, o venres 29 e sábado 30.

mércores, 20 de maio de 2015

VII Carreira pola integración de Amorín

A Asociación de Veciños de Amorín invítannos a participar na VII Carreira pola Integración. 
O Club San Xerome participará cunha exposición de carteis e camisetas que amosarán un anaquiño de historia do Club, e temos atletas e incluso un equipo de baloncesto.

luns, 18 de maio de 2015

EDP Media Maratón do Douro Vinhateiro. Vila-Real. Portugal, 2015

O domingo 17 de maio de 2015, na Barragem de Bagaúste na Régua, en Vila-Real (Portugal), disputáronse as probas de Media Maratón (21km), Mini Maratón (6km), Media Maratón en Cadeira de Rodas (21km) e o Campionato do Mundo INAS.
A décima edición do EDP Media Maratón do Douro Vinhateiro estivo organizada por GlobalSport, a través da Running Wonders, e reuniu a máis de 12.000 atletas de case trinta países do mundo. Dous deses valentes foron Borja Cadilla e Roberto Martínez, membros do Club Atletimo Trega-San Xerome, que competiron na categoría V35.

venres, 15 de maio de 2015

Autismo. Competir con Uno mismo

A continuación vos presentamos un pequeno documento audiovisual onde rapaces con TEA e familias fan unha reflexión e nos amosan como vivencian a práctica deportiva. 

De como o deporte lles axuda a regular a súa dinámica vital, lles motiva no traballo diario e resulta un elemento socializador e inclusivo.

mércores, 6 de maio de 2015

Segunda xornada da Liga de Baloncesto FEGADA 2015

Este mércores 6 celebrouse a segunda xornada da Liga de Baloncesto FEGADA.
O Club San Xerome participou na categoría de Competición cos equipos masculino e feminino.