Amigos do Club

mércores, 15 de abril de 2015

Maratón de París, 2015. Crónica dun Campión.

Armando Verde disputou o pasado domingo 12 a Maratón de París con dous obxectivos moi importantes; por unha banda colaborar coa Plataforma galega de afectados da Hepatite C, e por outra, rematar a proba para adica-la todos aqueles que loitan pola visualización desta campaña. 
Ademáis estamos ante unha historia de superación, xa que Armando partía con problemas físicos que fixeron perigar a súa participación

A crónica nola traslada o propio Armando: 

"Camiñando hacia saída, todavía non tiña claro se iba a toma-la saída..."


 "Quince minutos antes no caixón xunto con 1050 atletas élites e preferentes..."


"Km 1, detrás miña o Arco de Triunfo e 53 atletas correndo polo arco..."


"Km 27, o talón de Aquiles dixo basta..."



 "...Pero a forza e o corazón non ten límites"


"E aínda quedaba moita ledicia e carreira que disfrutar..."


"E cheguei a meta andando, moi lonxe dos meus tempos habituais pero cunha enorme satisfacción por colaborar coa loita contra da Hepatite C" 


"Expresión de ledicia absoluta"

 
"Aínda que cun derrame e o tendón de Aquiles inflamado..."


"Conseguimos apadrinar 1000km para a Plataforma galega de Afectados pola Hepatite C"


"Pero pagou a pena, o ambiente era tremendo, as rúas cheas de xente animando e cada 500 m bandas de música e tambores... Cruzamos todo París polos lugares máis emblemáticos... Sentinme coma Napoleón ao regreso das súas batallas...

Noraboa a Armando, un colaborador e voluntario do Club San Xerome, que nos deu nesta ocasión unha lección de esforzo e superación. Parabéns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario