Amigos do Club

mércores, 20 de maio de 2015

VII Carreira pola integración de Amorín

A Asociación de Veciños de Amorín invítannos a participar na VII Carreira pola Integración. 
O Club San Xerome participará cunha exposición de carteis e camisetas que amosarán un anaquiño de historia do Club, e temos atletas e incluso un equipo de baloncesto.


"Un ano máis, convidámosvos a participar na Carreira popular pola integración de Amorín que se celebrará o vindeiro 31 de maio. Lembrade que podedes participar como corredores ou como voluntarios na organización e control de diferentes tarefas, controles, aprovisionamento, atención a competidores/as, etc.

Para a inscrición, pregámosvos que na medida do posible usedes o enlace web, aínda que podedes facelo vía correo electrónico tamén. A inscrición vía web ou correo electrónico quedará pechada o sábado 30 ás 11 da noite en punto".

Ningún comentario:

Publicar un comentario