Amigos do Club

venres, 6 de marzo de 2015

Campionato Galego de Campo a través. Vigo, 2015

Este pasado mércores día 4 de marzo celebrouse o  Campionato Galego de Campo a través, no circuito habilitado no Parque de Castrelos. Este Campionato estivo organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FEGADA), na súa sección de discapacitados intelectuais.
Despois de moitos días de chuvia, espertamos cun día de sol brilante o que facilitou o desenvolvemento da proba. Déronse cita máis de 200 participantes, o Club P. San Xerónimo Emiliani, competiu cun total de 9 atletas, con moi bos resultados.

A destacar a categoría absoluta, Competición maiores de 15 anos, onde en homes Borja Cadilla acadou a medalla de Ouro, e Maite Santos a medalla de Bronce en mulleres. Na categoría Xogo maiores de 15 anos, Jennifer  Álvarez obtivo medalla de bronce. Outros resultados a destacar foron os cuartos postos de Luis Antonio Sández, Fran Martínez e Óscar Moure. Completaron o equipo de atletismo do San Xerome Lourdes Fernández, Celia López e Miguel Ángel Bello. En xeral, un moi bo día de competición, onde os usuarios disfrutaron do deporte e da compañía doutros deportistas e monitores.

Dende o Club queremos agradecer aos monitores o traballo que veñen de realizar nos adestramentos semanais, a colaboración da Sociedade Atlética do Trega e a todos aqueles que fan posible os apoios necesarios para acudir a ésta e outras competicións.



(clica nas fotos para velas máis grandes)
































Ningún comentario:

Publicar un comentario