Este mércores día 25 deu comezo a Liga FEGADA 2015 de Baloncesto.
Esta primeira xornada disputouse no Pavillón Municipal do Porriño. O Club San Xerome participou cos equipos masculino e femenino.
Este ano participan na Liga en
Competición Aspanaex, Asdan, Saladino Cortizo, San Rafael, e San Xerome na
categoría masculina. En Competición femenina, San Xerome e Esclavas con dous
equipos, A e B. Na categoría adaptada masculina Juan XXIII, San Rafael e Prioriño.
Finalmente na Adaptada mixta Prioriño, Méndez Núñez, con dous equipos, Saiar, Aceesca
e Asdan.
Os equipos do Club tiveron unha
boa actuación en termos xerais, as rapaces se fixeron coa victoria ante o
Equipo B da Esclavas, e cederon a vitoria ante Esclavas A. Os rapaces, pola
contra, acusaron as numerosas baixas no equipo e sufriron ambas derrotas ante
Asdan e San Rafael.
Destacar tamén o apoio que
recibimos na grada por parte dos compañeiros de Educación e Adultos, os cales
se trasladaron para animar ós nosos deportista nesta xornada inaugural do
campionato.
(Clica na foto para vela máis grande)
Resultados dos partidos



















Ningún comentario:
Publicar un comentario