Amigos do Club

luns, 18 de maio de 2015

EDP Media Maratón do Douro Vinhateiro. Vila-Real. Portugal, 2015

O domingo 17 de maio de 2015, na Barragem de Bagaúste na Régua, en Vila-Real (Portugal), disputáronse as probas de Media Maratón (21km), Mini Maratón (6km), Media Maratón en Cadeira de Rodas (21km) e o Campionato do Mundo INAS.
A décima edición do EDP Media Maratón do Douro Vinhateiro estivo organizada por GlobalSport, a través da Running Wonders, e reuniu a máis de 12.000 atletas de case trinta países do mundo. Dous deses valentes foron Borja Cadilla e Roberto Martínez, membros do Club Atletimo Trega-San Xerome, que competiron na categoría V35.

A décima edición da chamada “A Máis Bela Carreira do Mundo” foi todo un éxito, pero tamén unha dura proba, a intensa calor presente ao longo do percorrido demandou un sobreesforzo aos atletas que mermou de modo considerable o remate da proba no número de participantes.
Esta proba se celebra no corazón do Douro Vinhateiro, a unha rexión remarcada como unha das máis Antigas do Mundo, Patrimonio Mundial, e cuna do famoso viño do Porto.
Un novo reto para os atletas do San Xerome, neste caso Borja Cadilla (Dorsal 7402) asinou unha marca de 1:40:03, e finalizou na posición 494 total, e de 109 na categoría de V35. Pola súa banda Roberto Martínez (Dorsal 7408), adestrador do Club P. San Xerome na súa sección de Atletismo, obtivo unha marca de 1:20:34, nunha máis que meritoria 10 posición na categoría V35 e 50 no total da proba.

Noraboa aos dous campións












Ningún comentario:

Publicar un comentario