Amigos do Club

venres, 27 de marzo de 2015

Armando Verde no Maratón de París 2015

Facémonos eco da petición de Armando, atleta e colaborador voluntario da Sección de Atletismo do Club, e deportista da Sociedade Atlética do Trega. 
O vindeiro día 12 de Abril Armando vai disputar a Maratón de París 2015 como membro activo da plataforma galega de afectados pola hepatite C.

mércores, 25 de marzo de 2015

Primeira xornada da Liga de Baloncesto FEGADA 2015

Este mércores día 25 deu comezo a Liga FEGADA 2015 de Baloncesto.

Esta primeira xornada disputouse no Pavillón Municipal do Porriño. O Club San Xerome participou cos equipos masculino e femenino.

martes, 17 de marzo de 2015

Interrunning 2015. Concello do Porriño

O pasado domingo día 15 disputouse no circuito urbano do Concello do Porriño a novena edición do Interrunning. A proba dispouse nun circuito ao que se deu dúas voltas completando un percorrido de 10.000 metros. 
Polo Club Polideportivo San Xerónimo-Sociedade Atlética do Trega participaron Roberto, adestrador do Club e Borja Cadilla Lomba, éste último acadou unha marca de 44 min 39 seg.

sábado, 14 de marzo de 2015

VIII Gala do Deporte. A Guarda, 2015.

Este venres día 13 tivo lugar a VIII edición da Gala do Deporte gardesa, onde se pon en valor os méritos deportivos acadados no pasado ano 2014 dos numerosos Clubes e deportistas que representan A Guarda nas distintas competicións das que son partícipes.


Por parte do CP San Xerónimo Emilinani, foi galardonado Fabio Martínez Otero, que a pasado ano 2014, acadou tres medallas de bronce nos lanzamentos de peso, xabalina e disco, no Campionato de España de Atletismo disputado en Murcia.

venres, 13 de marzo de 2015

Open Campeonato Nacional de Remo Indoor. Viana do Castelo (Portugal), 2015

O pasado venres 6 de marzo, os remeiros de CR Robaleira-San Xerome, disfrutaron dunha xornada de convivencia con compañeiros do Clube de Remo Viana Remadores do Lima (Viana do Castelo).

O Clube Viana Remadores do Lima, tiveron a deferencia de invitarnos a participar no vindeiro Campionato Nacional de Portugal de Remo Indoor, que se vai disputar o vindeiro sábado día 11 de marzo nas instalacións do Pavillón Municipal de Monserrate de Viana do Castelo.

venres, 6 de marzo de 2015

Campionato Galego de Campo a través. Vigo, 2015

Este pasado mércores día 4 de marzo celebrouse o  Campionato Galego de Campo a través, no circuito habilitado no Parque de Castrelos. Este Campionato estivo organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FEGADA), na súa sección de discapacitados intelectuais.
Despois de moitos días de chuvia, espertamos cun día de sol brilante o que facilitou o desenvolvemento da proba. Déronse cita máis de 200 participantes, o Club P. San Xerónimo Emiliani, competiu cun total de 9 atletas, con moi bos resultados.