Amigos do Club

luns, 15 de xuño de 2015

Campionato de Portugal de remo Indoor ANDDI. Vilanova de Gaia, 2015

O pasado venres día 12, celebrouse en Vilanova de Gaia  o “Campeonato de Portugal e Campeonatos Nacionais por Escaloes de Remo Indor ANDDI. Open Internacional. 2015.”



Como xa comentamos noutra entrada do Blog, a ANDDI (Associação Nacional de Desporto para a Deficiência Intelectual de Portugal), tivo a deferencia de invitarnos ao seu Campionato Nacional. E dende aquí queremos non só agradecerlle esa invitación, se non felicitalos pola gran organización e profesionalidade que amosaron en todo momento durante o Campionato.


mércores, 10 de xuño de 2015

Xornada de Pirauga. Fin da tempada deportiva (1º parte do ano)

O pasado martes día 9 fixemos unha actividade de festa para celebrar a fin da primeira parte do ano en deporte. 

Coa inestimable organización e colaboración de Amalio e Alberto, (Mestre de Educación Física no IES A Sangriña e voluntario no Colexio San Xerome), e a través da empresa Tamuxe Kayak, realizamos unha actividade de navegación en pirauga polo río tamuxe na súa desembocadura no río Miño.

xoves, 4 de xuño de 2015

Xornada de Convivencia de Remo, ACEESCA, As Excravas e San Xerome

Este xoves día 4 celebramos unha xornada de convivencia cos Centros de ACEESCA (O Porriño) e As Excravas (Vigo).


Neste encontro fixemos unha actividade de promoción da práctica de Remo Ergómetro, nas instalacións do Club de Remo Robaleira onde adestramos todas as semanas. 


luns, 1 de xuño de 2015

Campionato de España de Atletismo ao Aire libre. Santander, 2015.

A pasada semana, do 28 ao 31 de maio, dispotouse nas instalacións do Complexo deportivo La Albericia. Santander (Cantabria) o Campionato de España de Atletismo da FEDDI.


O Club San Xerome, na súa Sección de Atletismo, participou cun total de seis atletas, un en categoría junior e cinco na categoría Absoluta.