Amigos do Club

martes, 17 de novembro de 2015

Adestramentos Sección de Atletismo

Ao longo destes meses os adestramentos do Club se orientan a preparar as competicións que se irán desenvolvendo ao longo do vindeiro ano 2016.


Na pretempada procuramos ir preparando aos deportistas sobretodo a nivel técnico, revisando mecánicas de funcionamento motor, manexo de coordinación psicomotriz, colocación ergonómica, etc.
De modo complementario procuramos acumular quilómetros de rodaxe, e ir probando algunhas das disciplinas atléticas nas que se podería competir nos diferentes Campionatos. Tamén imos evaluando as novas incorporacións, analizando cales son as probas que mellor se adaptarán as súas condicións físicas e preferencias persoais.
Daquela estamos a preparar a pretempada concienzudamente, con moita ilusión e moito traballo.
 
 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario