Amigos do Club

venres, 27 de marzo de 2015

Armando Verde no Maratón de París 2015

Facémonos eco da petición de Armando, atleta e colaborador voluntario da Sección de Atletismo do Club, e deportista da Sociedade Atlética do Trega. 
O vindeiro día 12 de Abril Armando vai disputar a Maratón de París 2015 como membro activo da plataforma galega de afectados pola hepatite C.
Como nos anteriores retos solidarios Armando, procura quen lle apadrine parte dos 42,195 quilómetros que se lle entregarán a Plataforma galega de Afectados pola Hepatite C, para seguir na loita ata conseguir erradicar esta enfermidade que hoxe por hoxe ten cura e que nos afecta directa ou indirectamente.
Pódense facer aportacións dende 5€ chamando ao teléfono 693704524.
Armando vos agradece a atención e colaboración neste proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario