Amigos do Club

domingo, 22 de febreiro de 2015

Campionato galego de Campo a través. Vigo 2015


O vindeiro mércores 4 de marzo celebrarase en Castrelos (Vigo) o Campionato galego de Campo a través. 


(Clica na foto para vela máis grande)
Esta competición será a primeira que organice a recén creada Federación Galega de Deporte Adaptado (FEGADA), froito da fusión das federacións Galegas de deporte para discapacitados psíquicos e a de físicos. 

martes, 10 de febreiro de 2015

A Sección de Baloncesto en plena pretempada

Unha das Seccións máis populares do Club é a de Baloncesto. En plena pretempada, os dous equipos masculino e feminino comparten os adestramentos, aproveitando sempre que se pode o bo tempo para facelos ao aire libre.





sábado, 7 de febreiro de 2015

Adestramento preparatorio para o Campionato Galego de campo a través

Tralos bos resultados acadados en Zafra (Extremadura), no Campionato de España de Campo a través, xa estamos a preparar a vindeira competición, o Campionato Galego, que se vai a celebrar o 25 deste mes. Seguimos traballando, adestrando e coa mesma ilusión.

xoves, 5 de febreiro de 2015

Proxecto Remo Olímpico San Xerónimo Emiliani

O Club de Remo Robaleira realiza unha colaboración co Club San Xerónimo Emiliani dando a oportunidade a membros do club para adestrar e competir, cedendo as súas instalacións, o seu coñecemento, e transmitido o seu agarimo aos nosos rapaces nos momentos de esforzo e aprendizaxe.
Un exemplo de colaboración e inclusión, un Proxecto de Remo Olímpico Adaptado no que seguimos traballando de modo conxunto para que sexa unha realidade, non só a nivel galego sino tamén a nivel nacional.


luns, 2 de febreiro de 2015

Campionato de España de Campo a través. Zafra 2015

O pasado 31 de Xaneiro Celebrouse na localidade extremeña de Zafra (Badaxoz) o Campionato de España de Campo a Través da FEDDI. O Club Polideportivo San Xerónimo Emilini, participou na Categoría Junior con Órcar Moure Rodríguez, que acadou a terceira posición. Na Categoría Senior feminina a representante foi Maite Santos Fernández, que rematou   na 12ª posición. 
E finalmente, na categoría senior masculina o equipo conformado por Armando Verde Moreira, Borja Cadilla Lomba e Luis Antonio Sandez García, alcanzaron a terceira posición por equipos. 

Campionato Galego de Remo Ergómetro. A Malata, Ferrol.

O pasado domingo 25 de xaneiro celebrouse no Pavillón da Malata en Ferrol o Campionato Galego de Remo Ergómetro. En categoría de discapacitados psíquicos participaron os remeiros de San Xerome, Jaime Álvarez, que acadou o primeiro posto da competición en 1000 metros acompañado no pódium por Domingos Albadalejo e Fabio Martínez, tamén de San Xerome. Completou a participación masculina do Club Borja Cadilla e Fabián Santos.

Pola súa banda María Fernanda García, a única participante feminina resultou Campiona Galega.