Amigos do Club

domingo, 31 de maio de 2015

VII Carreira Popular de Amorín. Carreira pola Integración. Amorín, 2015

Hoxe domingo día 31 tivemos o enorme pracer de participar na VII Carreira Popular de Amorín.


Esta competición ten, entre outros, a finalidade de recadar fondos para o proxecto que "Gotas de Níguer" en colaboración con UNICEF.


Os deportistas do Club San Xerome, participaron primeiro na carreira na categoría absoluta, e con posterioridade disputaron un emocionante partido de baloncesto co equipo de ACEESCA do Porriño. Tamén se fixo unha exposición de carteis e camisetas onde se repasou parte da historia do Club Deportivo.

Queremos felicitar a Xosé María, e a toda a Organización da AAVV de Amorín, o gran esforzo que realizaron, dárlles todo o noso apoio, e agradecer que contaran con nós para colaborar neste día.
O ano que ven repetiremos. 
(Clica nas fotos para velas máis grandes)



 




  


 

   













 


 


 




 



  












Ningún comentario:

Publicar un comentario