Amigos do Club

mércores, 15 de abril de 2015

Campionato Galego de Natación, A Cañiza 2015

Este mércores día 15 disputouse en A Cañiza o Campionato Galego de Natación. O Club San Xerome na súa Sección de Natación tivo unha participación pequena pero moi voluntariosa.
Ademais tivemos novas incorporacións que amosaron unha moi boa participación, e auguran un futuro moi ilusionante nesta disciplina.

A boa nova en relación cos resultados no la deu María Fernanda que obtivo a medalla de Ouro na categoría Adaptada máis de 15, en 50m libres.
O equipo completárono Maite Rodríguez Barros, Celia López Camacho e Óscar Moure Rodríguez, que aínda que non subiron o podium completaron unha moi boa actuación.














(premer a foto para velas máis grandes)

Ningún comentario:

Publicar un comentario